24 XANEIRO 2012
Dende o sábado 14 de xaneiro de 2012 reanudáronse no MARCO os obradoiros infantís de fin de semana. Ata finais deste mes, os contidos xiran ao redor das obras da exposición YOU ARE NOT ALONE, e retoman algunhas das actividades da Festa Aniversario do pasado mes de novembro. A partir de entón, poránse en marcha novas propostas baseadas nas obras dos artistas presentes na exposición PRESENZA ACTIVA, a mostra colectiva sobre performance que se inaugurará o 9 de febreiro.



0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada