Prácenos comunicarvos que tra-las reunións levadas a cabo para formar unha nova directiva da Anpa, ésta queda constituida polos seguintes socias/os:
Presidenta: Cristina Garabana.
Vicepresidente: Alberto Piñeiro.
Secretario: Emilio Silveira.
Tesorera: Barbara Fernández.
A nova directiva da Anpa, estamos á vosa disposición os seguintes días e cos seguintes horarios:
ATENCION TELEFONICA :Mércores das 10:00 ás 13:00 horas; das 16:00 ás 19:00 horas.
ATENCIÓN PRESENCIAL: Venres das 18:00 ás 19:30 horas.(Preguntar polo nº da Aula na Conserxería).
O novo nº de teléfono é o: 634836664
Coma outros anos,hai unha serie de comercios da zona , que con un gasto mínimo, aplican descontos sobre o que merquemos os/as socios/as. Aos novos membros dirémosvos, aparte de benvido/as, que para tal efecto hai que ter o carnet da Anpa selado. Pódense recoller os carnets novos o venres; se tendes carnet e queredes sellalo, pódedes deixalos no buzón da Anpa e avisarémosvos de como recollelos.
Por outra banda, se estades interesados/as en asistir ás reunións e tendes problemas de horario e data, invitámosvos a suxerir as horas e días que máis vos conveñan, e tenteriamos de adaptar as datas ao interés da maioría.
Irémosvos informando das actividades e intereses dos nosos/as fillos/as a medida que xurdan.
Quedamos á vosa disposición.
PD: Pregaríamosvos a confirmación dos vosos datos,en caso de haber cambios.
lunes, 28 de noviembre de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)