O escrito que a continuación se presenta é un manifesto de mínimos de consenso respecto da situación creada nos conservatorios de música de Galicia neste inicio de curso 2011-2012. Pretende ser unha postura común que os claustros dos conservatorios profesionais e superiores da nosa Comunidade aproben previsiblemente nesta última semana de setembro. É con seguridade, a oportunidade para unir posturas en defensa dun ensino público digno e de calidade na música. Como acordou a asemblea extraordinaria de nais e pais celebrada o 21 de setembro no CMUS de Vigo, dámoslle difusión a un texto que á espera das vosas suxestións recollidas no correo da ANPA, esperamos apoiar xunto ao profesorado dos conservatorios de Galicia.
Fai clic no link para descargarlo documento enetiro.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada