Establecementos Colaboradores

Establecementos Colaboradores
Fai Click na imaxe para descargar o listado

jueves, 27 de mayo de 2010

MEMORANDUM DO CURSO
• Conseguimos que se publique a oferta horaria co Nome do profesor co que cada un pode elixir quén vai a ser o que lle imparta a materia o seu fillo.
• Fixemos unha reclamación os resultados do pase de grao profesional conseguindo que os alumnos de violín cun bo expediente fosen aprobados e así non quedar desertas parte das prazas ofertadas
• Fixémonos cun equipo informático o que conleva a maior efectividade das nosas xuntanzas e un aforro de tempo.
• Puxemos por en marcha un blog, co fin de ter un medio máis de intercomunicación cos pais.
• Fixemos alegacións o borrador do ROC que vai a rexir todo o funcionamento dos centros de ensinanzas artísticas xa que supón unha merma da presenza dos pais no consello escolar
• Como en anteriores edicións este ano tamén se colaborou no Concurso David Russel con axuda loxística na súa organización do día a día,e con agasallos de bandoleiras para os participantes.
• Tamén se colaborou ca banda con camisetas e na merenda que tiveron o día da gravación do CD.
• Propuxemos a dirección do CMUS un sistema de aviso por sms os pais no caso da falta do profesor que o final non se levou a fin pero se conseguiu que chamen por teléfono nunha maior portentaxe.
• Como vemos facendo, este ano tamén organizamos as festas do magosto, entroído e faremos a de fin de curso na que esperamos contar como ano pasado ca colaboración de empresas como LARSA, FROITAS NEVES….
• Participamos na Xornada polo Pacto pola educación.
• Seguimos estando presentes e participando dun xeito activo e positivo nos consellos escolares do centro.
• Federámonos na Federación Provincial de ANPAs cas conseguintes ventaxas en canto a asesoramento, convocatoria de encontros, cursos, charlas, etc.
• Conseguimos para o vindeiro curso ter un único libro de texto en linguaxe musical

Nosos proxectos para o vindeiro:
• CONTACTOS CON OUTROS CMUS. CREACIÓN FEDERACIÓN GALEGA DE CMUS
• ESCOLA DE PAIS
• MELLORA NO PROCESO ELECCIÓN HORARIOS
• ORLA PARA ALUMNOS QUE REMATEN GRAO
• CREACIÓN DUN BANCO DE INSTRUMENTOS E LIBROS DE TEXTO
• COORDINAR OS PAIS PARA APROVEITAR O VIAXE O CMUS
• UNIFICACIÓN DE CRITERIOS E LIBROS DE TEXTO EN L. M.
• FACER UN GRAN ACTO ANUAL PARA QUE A CIDADE ESCOITE O QUE SE FAI NO CMUS
• FACER A DIRECTIVA DO CMUS UNHA PROPOSTA DE ACTIVIDADES A FACER CANDO FALTA O PROFESOR

2 comentarios:

  1. Noraboa!

    As miñas felicitacións á ANPA do CMUS.
    Penso que se deu un salto absolutamente impensable.

    Por unha vez, temos un anpa conseguindo facer cousas, movéndose e pelexando por facer un pouco mais permeable ese conservatorio que parece defenderse dos alumnos, e sobre todo dos pais dos alumnos, como un castillo inexpugnable.

    Espero que todos entendamos que anpa, pais, alumnos e profesores debemos estar todos no mesmo lado. Intentando que a formación dos estudiantes do conservatorio (seus alumnos, nosos fillos) saian o mellor formados posible e disfrutando de facer e de aprender a facer música.

    Noraboa a todos.

    ResponderSuprimir
  2. Moitas grazas polos teus folgos e ogallá que poidas manter a mesma impresión no vindeiro curso.Nòs faremos o posible por mellorar,para o que contamos con pais coma ti,asi que non deixes de colaborar coas tuas aportacións coma ata ó de agora tes feito.

    ResponderSuprimir