Establecementos Colaboradores

Establecementos Colaboradores
Fai Click na imaxe para descargar o listado

viernes, 5 de marzo de 2010

BORRADOR DO ROC PARA CMUS

A Consellería de educación e Ordenación Universitaria presentou nestes días a comunidade o borrador polo que se establecerá o Regulamento Orgánico dos conservatorios de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia.
Temos ata o martes día 9 de marzo para facer alegacións, dende a ANPA do CMUS de Vigo estamos a elaborar as nosas. Creemos non podemos deixar de facelo, pois de aprobarse tal e como está proposto, deixa aos pais nun segundo ou mais ben nun tercer plano, posto que rebaixa ou anula a nosa participación nos órganos de goberno do centro, dado que no Consello escolar pasaríamos de ter tres representantes a ter un só, e, por exemplo, na comisión económica do centro na que ata agora temos como representante a unha nai, quedaríamos sin representación.
Nas próximas horas en canto rematemos o noso escrito de alegacións as faremos públicas neste blog, e mentras tanto os que dexesedes podedes enviar o noso correo as vosas suxerencias. Temos pouco tempo, pero esta nova non chegou ata o noso coñecemento onte.

http://sites.google.com/site/anpacmusprofesionalvigo/descargas/ROCMusica.pdf?attredirects=0&d=1


Podedes enviar as vosas propostas o seguinte enderezo da consellería:
xsere@edu.xunta.es

Estas son as nosas alegacións a o ROC

http://sites.google.com/site/anpacmusprofesionalvigo/descargas/ALEGACIONS_O_ROC.pdf?attredirects=0&d=1

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada